Elisa
Elisa é un reprodutor de música desenvolvido pola comunidade KDE que se esforza por ser sinxelo e agradable de usar. Tamén recoñecemos que necesitamos un produto flexible para ter en conta os diferentes fluxos de traballo e casos de uso dos nosos usuarios. Centrámonos nunha moi boa integración co escritorio Plasma da comunidade KDE sen comprometer o soporte para outras plataformas (outros contornos de escritorio Linux, Windows e Android). Estamos creando un produto fiable que é un pracer de usar e respecta a privacidade dos nosos usuarios. Polo tanto, preferiremos dar soporte aos servizos en liña nos que os usuarios teñan o control dos seus datos.
sinxelo e libre de comercio. Non atoparás ningún anuncio, ningún plan premium que che vende nin ningunha outra merda.