Arduino IDE
O entorno de desenvolvemento integrado (IDE) de Arduino é unha aplicación multiplataforma (para Microsoft Windows, macOS e Linux) que está escrita na linguaxe de programación Java. Orixinouse do IDE para as linguaxes Processing e Wiring. Inclúe un editor de código con funcións como cortar e pegar texto, buscar e substituír texto, sangría automática, coincidencia de chaves e resaltado de sintaxe, e ofrece mecanismos sinxelos cun só clic para compilar e cargar programas nunha placa Arduino. Tamén contén unha área de mensaxes, unha consola de texto, unha barra de ferramentas con botóns para funcións comúns e unha xerarquía de menús de operación. O código fonte do IDE publícase baixo a licenza pública xeral GNU, versión 2.
O IDE é libre de comercio, xa que non hai rastreadores nin anuncios nin similares.